A Casa da Navegación acolle a presentación do libro “Destino Praga, estación París, camino a Baiona”

O autor Sergio Faraudo presenta a súa novela titulada “Destino Praga, estación París, camino a Baiona”, este venres 29 de decembro ás 20:00 horas na Casa Museo da Navegación de Baiona. A entrada é libre.

O autor proxéctanos á vida de personaxes contemporáneos e históricos; da man dun trazo nostálxico e dinámico, caótico e harmonioso. Unha procura de emocións, sensacións habituais e erráticas, simples e esenciais. Pechando a historia aberta na súa primeira novela, que se integra a esta edición.