Rastro Familiar de Nadal en Sabarís

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabarís (Coemsa) organiza este sábado 30 de decembro un Rastro Familiar de Nadal na Praza Victoria Cadaval, contando coa colaboración do Concello de Baiona.

Desde as 11:00 ata as 18:00 horas haberá un rastro de particulares, con trueque xoguete no centro da praza para os nenos que desexen intercambiar algúns dos seus xoguetes. Os participantes deberán decorar os seus postos con ambiente de Nadal, habendo premios para o mellor decorado e para os participantes máis animados.

Durante a xornada tamén se recollerán alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos e haberá música e ambiente festivo. Ademais, ás 17:00 horas terá lugar a entrega de premios do Concurso de Micro-Beléns de Sabarís.

Os interesados en instalar un posto para vender todo o que lle sobra en casa pode apuntarse chamando ao 686 484 812. Só poden participar familias, particulares ou asociacións locais.

Anuncios