
Esta mañá, un grupo de voluntarias e voluntarios de Espazo Lectura achegáronse ao abeto de Nadal, instalado polo concello na Praza Paradela, para demandar unha biblioteca digna para Gondomar. Entre os desexos, pediuse que este servizo municipal conte cun biblitecario ou bibliotecaria, cun espazo infantil acolledor, cun fondo actualizado ou cun programa estable de dinamización lectora.