Baiona proxecta a película “Pixi Post y los genios de la Navidad”

Este martes 26 de decembro continúa a programación cultural Bai Nadal 2017 coa proxección da película de animación “Pixi Post y los genios de Navidad”. A sesión comezará ás 18:00 horas na Capitanía Marítima de Baiona.

Pixi Post, a protagonista da longametraxe, é un moza elfo con grandes dificultades para relacionarse coa súa contorna, especialmente, cos membros da comunidade de elfos que se encarga de coidar o Foro segredo dos Xenios. Cando o Foro é atacado polo malvado Monopolish, un antigo xenio de Nadal que aspira a converterse no Único Xenio de Nadal, Pixi Post é elixida case por accidente, para ser a Defensora dos Xenios. Os xenios, máis preocupados con facer realidade as ilusións dos nenos, que con defenderse de Monopolish e querendo evitar custe o que custe o causar dano a ninguén, non dotan a Pixi Post de ningún superpoder. Unha coleta móbil será o único poder que os xenios lle outorgarán antes de ser enviada ao mundo dos humanos.