Centos de xinetes toman a praia de Panxón para celebrar o Nadal

FOTO: ÁLVARO PEREIRA // Os xinetes na Praia de Panxón.

Centos de xinetes ataviados co gorro de Papa Noel reuníronse este domingo para celebrar o Nadal e despedir o ano que termina. O que comezou como unha saída de amigos converteuse en toda unha tradición que congrega cada 24 de decembro a máis participantes. A ruta cabalar comeza ás 15:00 horas desde o Bar Santana en Gondomar, para finalizar na Praia de Panxón a iso das 17:00 horas. A presenza no areal dos máis de 300 cabalos, as carretas e os xinetes chama a atención dos centos de veciños e turistas que pasean ou se toman un refrixerio nos locais da zona antes de volver a casa para celebrar a Noiteboa en familia.