Música, actividades infantís e visita de Papa Noel este sábado en Baiona

Este sábado 23 de decembro continúa a programación cultural Bai Nadal 2017. Ás 17:00 horas comezará o espectáculo “A xogar cos Trasnos do Nadal” na Alameda Carabela Pinta, coa presenza de Papa Noel desde as 18:00 ata as 20:00 horas. Ás 20:00 horas, a Coral Polifónica “Baiona A Real” ofrecerá o seu XXIX Festival de Panxoliñas xunto coa Coral do Centro Cultural “A Merced” de Chaín na Igrexa de Santa María de Baiona. Finalmente, ás 20:30 horas, terá lugar o Concerto de Nadal do grupo de corda e voz “Baiona Bay” no Auditorio V Centenario.

Anuncios