
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, ofrece o desfile da Rondalla de Santiago de Parada este domingo de noiteboa polas rúas de A Ramallosa, Panxón e Nigrán. A Rondalla partirá ás 16:00 horas dende a Praza do Concello e polas rúas de Nigrán para continuar por Panxón e rematar ás 20:00 horas en A Ramallosa.
A Rondalla de Parada é unha agrupación dependente do Centro Cultural Parada do Miñor con fonda tradición e composta por voluntarios e gran variedade de instrumentos musicais tradicionais, tanto caseiros como instrumentos consolidados. Así, ao xuntarse todos estes elementos fórmase un conxunto realmente peculiar, rechamante á vez que tradicional. Non existe una regra xeral de como debe ser unha Rondalla, pero por tradición sempre se deben utilizar instrumentos tradicionais, da nosa terra. Deste xeito, a Rondalla de Parada sempre estivo formada por pandeiretas, castañuelas, cristos, charrascos, gaitas e instrumentos de vento e percusión.
As Rondallas fórmanse co fin de exaltar o folclore tradicional da nosa terra, e tamén para desfrutar das festas de Nadal, xa que é en esta época cando saen as rúas. A Rondalla da de Parada xa fixo o pasado fin de semana o tradicional pasarrúas pola súa parroquia e este domingo 24 de decembro percorrerán Nigrán, Panxón e A Ramallosa.