Buscan a dúas menores de idade desaparecidas en Gondomar

Tania Bouzós (dereita) e Alyssa Laure (esquerda).

Dúas mozas menores de idade e veciñas da parroquia gondomareña de Vilaza atópanse en paradoiro descoñecido desde este xoves, cando foron vistas por última vez en dirección ao colexio Auga da Laxe. Chámanse Tania Bouzós e Alisa Laure, teñen 15 anos, pelo longo castaño, miden sobre 1,58 e 1,65 e son delgadas.

A Garda Civil xa ten constancia da desaparición e recibiu a denuncia por parte das familias, que piden colaboración para dar con elas. Varias testemuñas afirman aos seus achegados que as viron á primeira hora do xoves ás portas do centro escolar, onde acudiron para recoller as notas do primeiro trimestre da ESO.

A familia pon a disposición de calquera testemuña o teléfono 722 783 903 para recabar pistas sobre o seu paradoiro e sinala que calquera persoa que as vira tamén pode avisar a través dos teléfonos de Garda Civil (062 / 986 35 50 27) ou Policía Local de Gondomar (986 38 91 91).

Anuncios