A Garda Civil localiza en Vigo sas e salvas ás dúas menores desaparecidas en Gondomar

Tania Bouzós (dereita) e Alyssa Laure (esquerda).

A Garda Civil atopou esta tarde ás dúas mozas de Gondomar que permanecían en paradoiro descoñecido desde este xoves. Foron localizadas sas e salvas en Vigo.

As dúas mozas, menores de idade e veciñas da parroquia de Vilaza, foran vistas por última vez en dirección ao colexio Auga da Laxe, onde acudiron para recoller as notas do primeiro trimestre da ESO.

As familias de ambas denunciaron a desaparición no Cuartel da Garda Civil de Baiona, polo que membros do Instituto Armado e da Policía Local iniciaron un dispositivo de procura nos municipios limítrofes a Gondomar, que finalmente terminou de maneira positiva.

Anuncios