Xornada do deporte solidario en Baiona

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Xornada do deporte solidario.

Este venres día 22 de decembro a Concellería de Deportes do Concello de Baiona, xunto co Club Baloncesto Baiona, o Baíña Fútbol Sala, o Club de Loita Sabarís, o Club de Tenis Baiona e o Club de Ximnasia Rítmica As Estelas, organizan unha xornada deportiva solidaria aberta e gratuíta a pais e cativos. Desde as 10:00 ata as 13:00 horas haberá no Pavillón Municipal de Deportes actividades deportivas e de ocio e actividades en familia. A única condición para participar é levar alimentos non perecedoiros que serán destinados á ONG local “Ayuda al Mundo Necesitado”.

Anuncios