Nigrán ofrece o venres “A maxia do Nadal” co Mago Rei Midas no Auditorio Municipal

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, ofrece este venres ás 17:30 no Auditorio Municipal o espectáculo infantil “A maxia do Nadal” co Mago Rei Midas, quen coa axuda do público atopará o agasallo perfecto. Maxia, humor e misterio nun mesmo espectáculo. Entrada de balde.

Anuncios