Sin categoría

Audicións de Nadal da Escola da Agrupación Musical de Vincios

A Agrupación Musical de Vincios celebra este venres 22 de decembro as Audicións de Nadal dos alumnos da súa escola, e coa actuación das Bandas Infantil e Xuvenil. Será no Auditorio do Centro Cultural de Vincios ás 19:00 horas. Farase unha recollida de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene para os refuxiados do Pobo Saharauí.