
Di a historia na boca da xente da parroquia gondomareña de Vincios que pola década dos 40 un grupo de veciños entusiastas e con ganas de celebrar os Reis dunha forma distinta, xuntáronse cuns cuantos instrumentos de diversa natureza organizados por unha persoa á fronte.
Foi aí o nacemento da que hoxe coñecemos como a Rondalla da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios, con máis de 100 compoñentes de todas as idades, unha das máis antigas do sur da provincia de Pontevedra e con máis tradición na zona do Val Miñor.
Este sábado día 23 de decembro celebran a efeméride cun Certame de Rondallas no Atrio da Igrexa de Santa Lucía, que comezará ás 16:00 horas coa participación das Rondallas de Chaín, Beade, Parada, Valladares, Freixo e Vincios.