Unha unidade móbil de doazón de sangue estará o xoves en Nigrán e o venres en Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A unidade móbil de doazón de sangue en Nigrán.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará nos próximos días os municipios de Nigrán e Gondomar. O xoves 21 de decembro estará diante do Concello de Nigrán de 16:00 a 21:00 horas e o venres 22 na Estación de Autobuses de Gondomar, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Todo aquel que desexe doar sangue poderá facelo nos horarios indicados. Se é a primeira vez que se doa hai que levar consigo o DNI.