O Concello de Nigrán contactou cos paxes de As Súas Maxestades de Oriente para que, antes de rematar as clases, visiten os colexios do municipio e os nenos lles entreguen persoalmente as cartas ou os seus desexos. Estes comezaron onte na Escola Infantil A Galiña Azul e Centro de Educación Especial Juan María de Parada e hoxe continuaron visitando o resto de centros que o solicitaron: Escola Infantil As Dunas de Panxón e os CEIP Humberto Juanes e Mallón.


