Ferreira pon en marcha unha enquisa para saber a opinión dos veciños sobre a súa xestión

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Paco Ferreira na alcaldía.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, puxo en marcha este mércores unha enquisa a través da súa páxina de Facebook co obxectivo de coñecer a opinión do veciños respecto da súa xestión á fronte do goberno municipal. Os interesados en votar por unha das dúas opcións dispoñibles, boa ou mala, poderán facelo durante 11 días.