Concerto de Nadal do coro e conxunto instrumental do CPI de Cova Terreña

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Coro e conxunto instrumental do CPI de Cova Terreña.

O coro e o conxunto instrumental do CPI de Cova Terreña celebra este xoves 21 de decembro o seu Concerto de Nadal. Será ás 20:00 horas na ex Colexiata de Santa María de Baiona. Primeiro o conxunto instrumental interpretará “Canon” de Pachelbel e “Gabriel’s Oboe” de Ennio Morricone. A continuación, xa acompañado polo coro, ofrecerán un repertorio que inclúe entre outras “Benedicat Vobis” de Haendel, “Viva la vida” de Coldplay e panxoliñas como “Silent Night”, “Blanca Navidad” ou “Jingle Bell Rock”, para pechar o concerto con “Un año más” de Mecano.