Xornada de portas abertas na protectora de animais Bai.senpulgas

FOTO: BAI.SENPULGAS // Algúns peludos na protectora.

Gustaríache colaborar coa protectora de animais Bai.senpulgas e non sabes como? Este venres día 22 de decembro farán unha xornada de portas abertas na que se poderá visitar as súas instalacións, coñecer ao equipo, colaborar con doazóns de calquera natureza, tomarse un pedazo de biscoito e, sobre todo, coñecer aos seus animais.

Alí (Torre, 20, Peitieiros-Gondomar) informarán sobre o funcionamento da protectora, presentarán aos seus peludos e se poderá pasar tempo con eles e coñecerlles; quen sabe? quizais xurda a faísca!.

Tamén explicarán as distintas formas de colaborar coa protectora: doazóns económicas ou en especie, voluntariado… “Será un pracer para nós recibirte na nosa casa, e máis nestas datas e coa situación límite na que nos atopamos. Anímate a subir este venres para coñecernos e pasar unha tarde do Nadal con todos nós. Grazas!”, sinalan desde Bai.senpulgas.