Concerto de Nadal do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar

Chega o Nadal e o Conservatorio Elemental de Música de Gondomar celebra este mércores 20 de decembro ás 19:00 horas o seu II Concerto Solidario. A Concellería de Cultura en colaboración coa Concellería de Benestar Social organizarán unha recollida de alimentos á entrada do Auditorio Lois Tobío. Todos os asistentes ao concerto poderán colaborar coa súa achega que será entregada aos veciños máis necesitados do concello. Os alumnos de todas as especialidades do centro festexarán a chegada do Nadal, presentando o traballo realizado na primeira avaliación co Coro e a Orquestra. Entrada gratuíta ata completar aforo.

Anuncios