O Club Laroca organiza este domingo o seu XXIII Torneo de Xadrez categoría absoluta

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA

O Club de Xadrez Laroca, en colaboración co Concello de Nigrán, organiza este domingo o seu XXIII Torneo de Xadrez categoría absoluta (FIDR) no CEIP Mallón. Trátase dun campionato para federados a seis roldas que comezará ás 15:40 horas e finalizará ás 19:00, estando a entrega de premios prevista ás 19:40 horas. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados e para o mellor xogador sub-16.