A Xefa de Costas comprométese a mediar para que a Casa Rosa sexa utilizada por Castro e Ladeira

O presidente e vicepresidente da Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís, Martín Otero e Emilio Domínguez, mantiveron esta semana unha xuntanza coa Xefa do Servizo Provincial de Costas, Cristina Paz-Curbera.

Na xuntanza, ambos representantes lle transmitiron o malestar veciñal por ter unha instalación de dominio público cedida ao Concello para fins Culturais, a preocupación porque a Casa Rosa segue pechada desde 2016 e non ofrece actividade nin servizo aos veciños e se está deteriorando como se pode observar. A Xefa comprometeuse a mediar co alcalde para chegar a un acordo, mostrando boa disposición e colaboración con esta Asociación de Veciños, comprometéndose a facer o posible para que a Casa Rosa sexa utilizada ben por parte do Concello ou da asociación veciñal.

“Esperando que para 2018 cambie esta situación e que poidamos desfrutala todos os veciños, agradecéndolle á Xefa de Costas a súa boa disposición e atención recibida para con esta asociación de veciños”, remata o presidente.