Andrea Fernández presenta no Auditorio de Nigrán o seu libro “I didn’t know about”

O Auditorio Municipal do Concello de Nigrán acolle mañá venres ás 18:00 horas a presentación do libro “I didn’t know about”, de Andrea Fernández. A presentación é a cargo da librería nigranesa “Donde viven los cuentos” co apoio do Concello. Andrea estuda 4º da ESO e ten 16 anos, sendo a escritura e a lectura a súa principal afección dende moi nena.

“I didn’t know about” vai pola súa segunda edición e é en castelán. Meckan leva todo o curso planeando o seu verán perfecto. Unha mala xogada do destino fai que o mellor amigo do seu irmán veña a pasar as vacacións con eles. Saberá por fin por que o que era o seu amigo marchouse sen dicir adeus? Segredos que son difíciles de manter gardados e un amor que ten o tempo contado.