Aberto o prazo para anotarse na comparsa de Entroido de Parada

FOTO: PEPE COSTAS // Comparsa de Parada no desfile de Gondomar.

O Centro Cultural Parada do Miñor informa que permanece aberto ata o día 30 de decembro o prazo para anotarse na súa comparsa de Entroido para o 2018. Os interesados en participar poden recibir máis información e inscribirse no teléfono 628 986 597.