
O Concello de Baiona organiza o próximo mércores 13 de decembro de 17:00 a 19:00 horas na Biblioteca Municipal (Carabela Pinta, 11) un obradoiro de postais de Nadal despregables para nenos e nenas de 6 a 16 anos a cargo de Juan Juste e Mónica Bastón. É necesario inscrición previa na Biblioteca ou no 986 35 60 77.
Os participantes explorarán o deseño pop-up ou deseño despregable, técnica e fundamento de creación artística. Neste obradoiro descubrirán unha técnica centenario procedente de manuscritos do século XIV, que chegou ata os libros dos nosos días. Aprenderán as técnicas principais desta remota arte en papel, para desenvolver e construír postais de Nadal, xogando e divertíndose.