O río Miñor desbórdase ao seu paso polo centro de Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A crecida na zona do antigo matadoiro.

As intensas choivas caídas este domingo a consecuencia do paso por Galicia da borrasca “Ana” provocaron a crecida do río Miñor ao seu paso polo centro de Gondomar. Como vén sendo habitual, as zonas do antigo matadoiro, recentemente rehabilitado, a área deportiva de As Cercas e zonas próximas ao parque da Coelleira, víronse alagados pola crecida da canle.

Anuncios