A auga encorada en Baíña aumenta un 10% en 24 horas

As intensas choivas caídas durante o domingo debido ao paso da borrasca “Ana” contribuíron á recuperación da auga encorada na presa de Baíña. Augas de Galicia confirmou este luns que onte ás 9:10 da mañá o encoro situado na parroquia baionesa atopábase ao 23,53% da súa ocupación total, mentres que hoxe ás 9:20 da mañá o volume total era de 33,92%, o que significa un aumento do 10% en 24 horas. Así o asegurou a concelleira de Medio Ambiente de Baiona, María Iglesias, que sinalou ademais que o nivel da auga aumentou en 2,5 metros.

Anuncios