A ANPA do CPI Cova Terreña de Baiona organiza unha recollida de xoguetes

A ANPA do CPI Cova Terreña de Baiona organiza os próximos martes 12 e mércores 13 de decembro unha recollida de xoguetes, que como anos anteriores serán entregados á ONG local «Ayuda al Mundo Necesitado», desde onde se encargan de facelos chegar a moitos nenos e nenas para que gocen destes máxicos días. A recollida de xoguetes, que deben estar en boas condicións, será de 8:50 a 10:00 horas no Salón de Actos do centro educativo.