A parroquia nigranesa de Camos celebra o domingo 10 de decembro a festividade da súa patroa, Santa Baia. Ás 12:00 do mediodía terá lugar unha Misa Solemne seguida de procesión na Igrexa Parroquial, presidida polo Bispo da Diocese de Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiuza. Ao finalizar o oficio litúrxico procederase á bendición dunha imaxe de pedra dedicada á Santa situada na fachada da Igrexa e doada por un veciño da parroquia.
Camos celebra a festividade de Santa Baia

