A Coral “Entenza” de Salceda de Caselas actúa na Igrexa de Santa Cristina da Ramallosa

FOTO: CORAL "ENTENZA" // A Coral "Entenza" de Salceda de Caselas en Donas.

Este sábado 9 de decembro continúa o Programa Cultural de Nadal organizado pola Archicofradía de Santa Cristina da Ramallosa, composto por un total de 6 concertos con temática sacra e de Nadal, que terán lugar na Igrexa Parroquial de Santa Cristina da Ramallosa, todos os sábados e un domingo, ás 20:00 horas.

Tras a apertura do ciclo coa Coral Polifónica “Baiona A Real”, este sábado día 9 seguiralle a Coral “Enteza” de Salceda de Caselas. O día 16 actuará a Coral “San Lorenzo” de Belesar, o día 17 a Coral “Mistura Vocal” de Vigo, o día 23 o Obradoiro Vocal “A Vila” de Ponteareas, e pechando o ciclo a Coral Novos Aires de Nigrán o día 30.

Colaboran na organización desta actividade a Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona.

Anuncios