
Dende a Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís denuncian que o mercado celebrado os luns cada vez ten menos postos e se poden observar moitos sitios baleiros.
“Existindo solicitudes pendentes, cremos que é unha vergoña que tendo menos postos, non se faga nada para recuperalos, xa que a parroquia ten menos vida por esta carencia e recádase menos para as arcas municipais (80.000 euros en 2015 e 77.000 en 2016, por exemplo)”, asegura Martín Otero, presidente da Asociación.
“Non entendemos por que dende o Concello cada vez pídense máis requisitos para solicitar un posto, queren acabar co mercado? Por que non sacan a concurso tendo solicitudes pendentes dos postos?, remata Otero.