Anuncios
Ticker de novas

Concursos de decoración de Nadal para locais en Gondomar e Nigrán

O Concello de Nigrán e a Concellería de Comercio de Gondomar, en colaboración coa Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor OVALMI, organizan con motivo destas festas do Nadal concursos de decoración de locais con temática do Nadal, a fin de crear un ambiente fermoso e agradable nestas datas que convide a pasear polas rúas dos Concellos e a visitar os establecementos, estimulando as compras locais.

En Nigrán organízase o II CONCURSO DE ÁRBORES E AMBIENTACIÓN DE NADAL

Os premios económicos ao establecemento elixido polo xurado serán entregados o 4 de xaneiro de 2018 e consistirán en 150 € para o primeiro clasificado en cada categoría (árbore e ambientación).

Poderá inscribirse gratuitamente o titular ou cotitular dun establecemento situado en Nigrán. O prazo de presentación de solicitudes no Concello de Nigrán finalizará o día 14 de decembro de 2017.

Os participantes deberán ter expostos a árbore de Nadal e a decoración de Nadal a concurso do 15 de decembro de 2017 ao 6 de xaneiro de 2018.

En Gondomar organízase o II CONCURSO DE ESCAPARATES E AMBIENTACIÓN DE NADAL

Como elemento común a todos os participantes, haberá de adornarse a beirarrúa na entrada do local cunha alfombra vermella (ben fixada para evitar tropezóns ou caídas) ou un elemento que o simule.

Os premios económicos ao establecemento que máis votos solicite serán entregados o 4 de xaneiro de 2018 e consistirán en 300 € para o primeiro clasificado en cada categoría (escaparate e ambientación).

Poderá inscribirse o titular ou cotitular dun establecemento situado en Gondomar. O prazo de presentación de solicitudes no Concello de Gondomar finalizará o día 10 de decembro de 2017.

Os participantes terán que abonar 5€ para unha cesta de Nadal que se sorteará entre os votantes no concurso.

Os escaparates e a ambientación de locais deberán estar expostos entre os días 11 de decembro de 2017 e o 6 de xaneiro de 2018.

Anuncios