Anuncios
Ticker de novas

O nigranés Iván Roade consegue a vitoria na 20ª Media Maratón de Vigo

FOTO: DIFUSION PROSPORT // Iván Roade tras cruzar a liña de meta.

Iván Roade Lago conseguiu este domingo a vitoria na 20ª Media Maratón de Vigo, organizada pola Agrupación Deportiva Media Maratón de Vigo. A proba comezou puntual ás 10:00 da mañá con saída na rúa Policarpo Sanz e 21.097 km por diante.

O corredor nigranés do CA Bikila foi o primeiro dos 350 clasificados en cruzar a meta situada na Praza de Compostela cun tempo de 01:08:46. Jose Antonio Requejo Santos (01:10:22), do Celta de Atletismo, foi segundo, e Akka Essaadaoui (01:10:36), do Club Adas O Barco, terceiro.

O circuíto do Media Maratón de Vigo, homologado pola RFEA, transcorreu por García Barbón, Sanjurjo Badía, Isaac Peral, Areal, Plaza de Compostela, Victoria, Carral, Marqués de Valladares, Rosalía de Castro, Policarpo Sanz, Porta do Sol, Elduayen, Paseo de Alfonso XII, Pi y Margall, López Mora, Camelias, Plaza de la Independencia, Álvaro Cunqueiro e Romil.

Anuncios