Anuncios
Ticker de novas

Adrián Valverde recupera sensacións terminando sexto en Viveiro

FOTO: LUZ IGLESIAS // Adrián Valverde en Viveiro.

Superada a gripe que minguou o seu rendemento o pasado fin de semana en Culleredo, Adrián Valverde volveu a estar metido na pelexa polo podio este domingo na oitava xornada da Copa Galicia de Ciclocrós disputada na localidade lucense de Viveiro. O corredor do Club Ciclista Rías Baixas ocupou a sexta posición absoluta e a cuarta de elite tras xogarse o podio da súa categoría ao sprint.

Os sub23 Iván Feijoo (Academia Postal) e Samuel González (Salvaterra) dominaron a carreira avantaxando en 1:29 ao asturiano David Ovín (Alpaca Sport), primeiro elite. Once segundos máis tarde cruzou a liña de meta Jose Rodríguez (De la Fuente) e a 2:01 dos dous primeiros Jorge Punzón (Fundación Óscar Pereiro) bateu a Valverde e ao líder elite Darío Otero (Muebles Compostela).

O resultado obtido en Viveiro permite ao baionés recortar cinco puntos na clasificación xeral respecto de Otero. Valverde continúa segundo na táboa elite e terceiro na absoluta. A Copa Galicia celebrará a súa novena cita este mércores en Boiro.

Anuncios