A Ruta Motera de Papanoeles de Os Rillasepas cumpre 10 anos

FOTO: PEPE COSTAS // IX Ruta Motera de Papanoeles de Os Rillasepas.

A Peña Motera “Os Rillasepas”, xunto coa Concellería de Cultura de Gondomar e a colaboración dos Concellos de Nigrán e Baiona e a Deputación de Pontevedra, organiza o vindeiro domingo 17 de decembro a X Ruta Motera de Papanoeles. Máis de 1.500 moteiros ataviados de Papa Noel participaron na anterior edición do evento.

Sairá ás 16:00 horas desde o centro de Gondomar, fronte ao Cristaleiro, dirección Nigrán (17:00), Patos (17:15), Baiona (17:45), Ramallosa (18:00) e volta a Gondomar, aproximadamente ás 18:30 horas. Para participar é imprescindible o traxe de Papanoel e unha actitude cívica.

Ao longo do percorrido repartiranse caramelos, que serán facilitados pola organización, e ao finalizar, haberá unha chocolatada con rosquillas para todos os moteiros no Cristaleiro.

Recollida de alimentos

Polos malos tempos que corren, ademais recolleranse alimentos non perecedoiros no punto de quedada, que serán recollidos polo Concello de Gondomar.

Anuncios