Castro e Ladeira ofrece clases de costura e corte e confección

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís ofrece clases de iniciación na costura aprendendo a coser a man e a máquina, sacándolle o máximo partido á máquina de coser, co obxectivo de poder aprender a facer arranxos propios e cousas para o fogar, como ollais, coller baixos, coxíns, cortinas…

Para os que xa saiban coser e queiran un pouco máis, poderán facer os seus propios modelos con corte e confección. Empezarán facendo os patróns, cortándoos en tea e despois confeccionarase o modelo elixido.

As clases desenvolveranse os xoves de 17:00 a 19:00 horas na Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís por 20 euros/mes. Máis información en castroeladeira@hotmail.com ou no teléfono 653 793 844.

Anuncios