O Auditorio Lois Tobío de Gondomar acolle este sábado 2 de decembro ás 19:30 horas o Festival Intercultural Alén do Miño, organizado polo grupo de baile tradicional galego Fíbulas de Mañufe, coa colaboración da Asociación Cultural San Vicente de Mañufe e o Concello de Gondomar. Ademais do grupo anfitrión actuará tamén o Rancho Xuvenil da Casa do Povo de Arganil (Portugal) e os grupos de música tradicional Os Swaroskys e Os Romanteleiros, ambos os dous de Mañufe.
Festival Intercultural Alén do Miño en Gondomar

