Sin categoría

Castro e Ladeira clausura o curso de “Musicoterapia”

A deputada provincial Montse Magallanes asistiu este xoves á clausura do curso de “Musicoterapia” que se desenvolveu no CEP Sabarís no marco do programa Depo en Marcha 2017 da Deputación de Pontevedra, organizado pola Asociación de Veciños Castro e Ladeira, representada polo seu presidente e vicepresidente, Martín Otero e Emilio Domínguez, e no que participaron unha vintena de veciños da parroquia.

Os obxectivos do obradoiro, de 30 horas de duración, son que os asistentes coñezan as posibilidades que ofrece a música como ferramenta de intervención lúdica, educativa e terapéutica, desenvolver habilidades musicais e saber empregar a música con fins terapéuticos.

O programa «Depo en marcha» ten por finalidade favorecer o envellecemento activo a través de distintos obradoiros, optimizando as oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia de Pontevedra, establecendo relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social e promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias e a súa independencia para evitar o illamento e as situacións de soidade.