A Comisión de Festas de Parada organiza un campionato de tute

A Comisión de Festas Santiago e Santa Ana de Parada organiza o vindeiro martes día 5 de decembro un campionato de tute, que disputarase no local social da parroquia a partir das 22:00 horas. Os interesados poderán inscribirse na cantina do local social ou no teléfono 678 45 22 34, cun prezo de 20€ por parella.

No relativo aos premios, para a categoría de gañadores a organización dispón de 2 touras valoradas en 250€ para os primeiros, 2 follas de bacallau e 10 litros de aceite de oliva para os segundos e 2 chuleteiros de porco para os terceiros. Na categoría de repesca os premios serán 2 porcos valorados en 70€ cada un, 2 follas de bacallau e 2 paletas. O número de parellas necesarias será de 42.

Anuncios