Gondomar promoverá a prevención entre a mocidade no Día Mundial da SIDA

Dende o Concello de Gondomar e a Concellería de Xuventude queren facerlle chegar á mocidade a mensaxe de que non existen vacinas nin tratamentos curativos contra a SIDA, as enfermidades de transmisión sexual ou embarazos non desexados. O único aliado é a prevención. Sen medos, sen prexuízos, abre a caixa da prevención.

No Día Mundial da SIDA, que se celebra o día 1 de decembro, instalarase unha mesa na que se repartirá material informativa e preventivo de 11:00 a 14:00 horas diante do Concello e de 17:00 a 20:00 horas na Casa da Cultura.

Anuncios