Anuncios
Ticker de novas

Dous condutores ebrios denunciados en Gondomar tras verse involucrados en senllos accidentes

Axentes da Policía Local de Gondomar denunciaron na tarde do pasado domingo a un condutor de 50 anos de idade, veciño de Mos, logo de producirse un accidente de circulación no centro urbano da vila con resultado de dous persoas feridas que tiveron que ser trasladadas en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Comprobado o seu estado de intoxicación etílica, duplicaba o regulamentariamente permitido, polo que redactouse a correspondente denuncia administrativa.

Ao día seguinte, na tarde do luns, outra patrulla da Policía Local, interviña noutro accidente de circulación na rúa Elduayen con consecuencia de danos materiais entre un turismo e unha furgoneta. Resultando que o condutor do turismo de 66 anos de idade, veciño de Gondomar, superaba en máis de catro veces a taxa de alcohol regulamentariamente establecida. Por tal motivo, ao pasar o límite establecido no Código Penal, tramitáronse dilixencias ao xulgado de garda de Vigo para a súa sanción por vía penal.

Anuncios