Concello de Gondomar e Centro Juan María festexan o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O Concello de Gondomar colabora un ano máis co Centro Juan María de Parada para festexar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que ten lugar o domingo 3 de decembro co lema “Baixo o mesmo paraugas”. O alcalde, Paco Ferreira, e a concelleira de Benestar, Rocío Cambra, recibiron este luns a responsables e usuarios do centro, que lles entregaron carteis e paraugas verdes alusivos á campaña.

Durante esta semana visitarán os centros educativos do Val Miñor e o xoves e venres repartirán máis de 300 pequenos paraugas de fieltro que elaboraron eles mesmos co obxectivo de regalar á xente a cambio de que lles entregue “desexos” sobre a discapacidade. As actividades desta semana conclúen o domingo na explanada do Náutico de Vigo, onde se celebrará a “gran paraugada” na que participan máis dunha decena de entidades de toda a comarca.

2017-11-28 - 24068533_1927546294174590_1405950339593323847_o

Desde 1992, cada 3 de decembro celébrase mundialmente o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Este ano céntrase en promover os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable necesarios para acadar o futuro que queremos e en destacar o papel que desempeñan estes obxectivos recentemente establecidos na construción dun mundo máis inclusivo e igualitario.

Convenio de colaboración

O mesmo luns, firmouse un convenio de colaboración entre o Concello de Gondomar e O Centro Juan María, para cofinanciar con 1.000 euros o proxecto “Ocio para todos” do pasado mes de agosto.

2017-11-28 - 23916611_1927542630841623_3489310562061633565_o