A 24ª Cea da Amizade de Ovalmi reúne a 150 comensais

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (Ovalmi) celebrou o sábado a súa 24ª Cea da Amizade, que reuniu a 150 persoas no Parador de Turismo “Conde de Gondomar” de Baiona. Acudiron empresarios asociados, traballadores, amigos e os alcaldes de Baiona e Gondomar, Ángel Rodal e Paco Ferreira, e a tenente alcalde de Nigrán, Raquel Giráldez, ademais dos concelleiros Rubén Rial e Nuria Lameiro. Despois da cea, non faltou o tradicional sorteo de agasallos, o baile animado por un DJ e a barra libre.

Anuncios