A Comisión de Festas Virxe dos Remedios de Couso organiza un cocido

A Comisión de Festas Virxe dos Remedios de Couso organiza o domingo 3 de decembro un cocido. O menú, cun prezo de 12 euros por comensal (6 euros para os menores de 14 anos), incluirá sopa, cocido, pan e bebida, sobremesa e café. As reservas poden realizarse ata o 30 de novembro no teléfono 647 06 22 24.