Mural contra a violencia machista no CEIP Mallón

FOTO: CEIP MALLÓN // Os alumnos do CEIP Mallón e o mural elaborado.

Durante a semana do 20 ao 24 de novembro, os alumnos de quinto e sexto de primaria do CEIP Mallón de Nigrán elaboraron un mural para alertar sobre a lacra da violencia machista nos nosos días, con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra o 25 de novembro. Este mural só é o punto conmemorativo dun proxecto que continúa, porque desde o centro queren que os alumnos estean sensibilizados coa problemática existente e traballan este tema durante o curso, recompilando noticias extraídas de xornais para seguidamente conformar un libro para a biblioteca do centro e mediante a sensibilización na aula con debates e postas en común, e análise de noticias.

Anuncios