Nigrán súmase á celebración do Black Friday na Ramallosa

O Concello de Nigrán súmase mañá á celebración do Black Friday no núcleo comercial de A Ramallosa ofrecendo durante a tarde animación de rúa para todo tipo de público. Así, dende ás 17:00 horas Volvoreta e Voltereta realizarán globoflexia para os máis cativos e dende ás 19:00 horas Eixo Tolo e Treboada de Pinzás animarán as rúas con música tradicional (en caso de choiva todas as actividades serán na zona de soportais). O Concello desexa apoiar deste xeito ao comercio local nun día no que se esperan gran afluencia de compradores.

Anuncios