Concello de Nigrán e Escola Oficial de Idiomas proxectan “Vértigo” en versión orixinal

O Concello de Nigrán e a Escola Oficial de Idiomas, a través da súa sección no Val Miñor, proxectan mañá venres ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a película “Vértigo” de Alfred Hitchcock en versión orixinal (inglés). A entrada é de balde. Trátase dunha obra mestra do cine de suspense psicolóxico estreada en 1958 e que conta con James Stewart e Kim Novak como protagonistas.