Sin categoría

Chandebrito 1807 premiará a foto máis interesante do século XX sobre a parroquia

A Asociación Chandebrito 1807 anuncia a recollida de fotografías inéditas tomadas durante o século XX e relacionadas coa actividade deportiva, socio-cultural e tamén relativas a paisaxes da parroquia. Para elo, premiarase con 50 € e unha camiseta do petróglifo da Chan á persoa que entregue a fotografía máis interesante.

Un xurado designado pola Xunta Directiva, composto por un mínimo de tres persoas ben coñecedoras da zona e do deporte local, determinará o gañador no mes de xaneiro de 2018.

As persoas interesadas poden remitir as fotos antes do 31 de decembro das seguintes formas:
– Ao enderezo electrónico: chandebrito1807@gmail.com (arquivo con resolución mínima de 300 píxels p.p. e 2.000 KB).
– Ao enderezo postal da Asociación Cultural Chandebrito 1807, na Rúa da Igrexa nº 2 Chandebrito. C.P. 36360 Nigrán.

Indicarase nome, apelidos e número de teléfono xunto cos datos coñecidos da imaxe (data, lugar, anécdotas destacables, etc.). Máis información na internet, no seguinte lugar: http://www.chandebrito1807.blogspot.com.