Almuiña destaca en Baiona a importancia de vacinarse contra a gripe

FOTO: XUNTA DE GALICIA // Almuiña no Centro de Saúde de Baiona.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, vacinouse esta mañá fronte á gripe no centro de saúde de Baiona, no marco da campaña de vacinación contra a gripe que ten en marcha Sanidade. Almuiña lembra á cidadanía a importancia da vacinación xa que é a mellor forma para protexerse fronte a gripe e evitar as complicacións asociadas á mesma e tamén reiterou que calquera persoa vacinada durante a campaña gozará da máximo protección antes da chegada do virus.

Desde a Consellería de Sanidade, ofértase a vacinación a todas as persoas con maior risco de padecemento da enfermidade e as súas complicacións: persoas de 60 ou máis anos e persoas menores desa idade pertencentes aos grupos de risco (persoas con patoloxías crónicas cardíacas, respiratorias, renais, endocrinas…, con cancro ou outras inmunodeficiencias, con obesidade mórbida, con disfunción cognitiva…); e a grupos de risco, entre os que se atopan os convivintes das persoas antes mencionadas, o persoal sanitario e traballadores esenciais para a comunidade. Galicia conta con 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade: centros de saúde e hospitais da rede Sergas, centros sanitarios privados, residencias da 3ª idade e outros centros con residentes susceptibles de beneficiarse desta vacinación, centros penitenciarios, entre outros.

Anuncios