Excursión a Vigo para ver o espectáculo “Galtük, un sueño de Navidad”

O Centro Cultural e Social de Baíña organiza o vindeiro martes 5 de decembro unha excursión a Vigo para ver o espectáculo “Galtük, un sueño de Navidad”. A función comezará ás 17:00 horas no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo. O prezo é de 10 euros para os socios e de 12 euros para os non socios, incluíndo autobús e entrada. Máis información e inscricións no teléfono 653 684 969.

La Fiesta Escénica presenta “Galtük, un sueño de Navidad”, un espectáculo circense de gran formato. Tras exitosas tempadas no nadal do Circo Price, en Italia no Teatro Vaticano ou co Cirkus Roncalli en Alemaña no teatro Tempodrom, entre outros.

A cidade de Vigo xa foi testemuña en numerosas ocasións dos grandiosos espectáculos de La Fiesta Escénica. Este ano poderémolos ver no Auditorio Mar de Vigo coa preestrea de Galtük, antes da súa chegada a Madrid para a tempada de Nadal.

A compañía volve sorprendernos cun espectáculo único para toda a familia repleto de alucinantes acrobacias, trapecistas e clowns creando unha atmosfera chea de maxia, luz e cor que explora a infancia e os soños.

Da unión da espectacularidade do novo circo con referentes como El circo del Sol, e a maxia das historias de Disney, Galtük transpórtanos a un mundo sorprendente, onde unha nena como protagonista, debe saír en busca dos seus xoguetes perdidos nunha viaxe onírica chea de extraordinarias aventuras.

O grupo circense foi creado hai 22 anos en Baiona e ten na actualidade sede en Oia. Con obras como Ekus, Circo de Navidad, Circo Acuático ou a Cenicienta, percorreu países como México, Francia, Alemaña, Turquía, Portugal, Grecia, Corea ou China.