Baiona acollerá a II Gala Solidaria «Giro’s camina con Uxía y la Neurofibromatosis»

FOTO: GIRO'S BAÍÑA

O Auditorio V Centenario de Baiona acollerá o sábado 2 de decembro a II Gala Solidaria “Giro’s camina con Uxía y la Neurofibromatosis”, baixo o lema “Si nos ayudas seremos más caminando”, con actuacións de música e danza en directo, pulseiras solidarias e moitas máis sorpresas.

O evento, que comezará ás 18:30 horas, está organizado por Giro’s, o Centro Cultural de Baíña e Gota a Gota Nigrán, con Sandra Novoa á cabeza, nai dunha nena afectada pola enfermidade.

Contarán coas actuacións de Giro’s e Embrujo, e poderanse adquirir xirafas e pulseiras solidarias, ademais de rifas. Tamén hai a posibilidade de realizar donativos na conta ES65 0049 2509 34 2494103611. Todo o diñeiro recadado será destinado a sufragar os gastos de viaxe e segunda opinión no San Juan de Dios de Barcelona de Uxía Fernández.

Anuncios